venres, 18 de decembro de 2020


         Este libro trata sobre un home chamado Pumariño, ao que a xente toma por tonto. Pero non é así. Alicia, unha nena curiosa, e os seus amigos queren coñecelo mellor e así descubren as marabillas que hai nel.
         Os personaxes gustáronme moito, xa que están en todo momento moi unidos. O protagonista que máis me gustou foi Alicia, porque é moi valente e sempre protexe aos seus amigos.
       O escritor utiliza unha linguaxe culta pero todo está moi ben explicado.
        O que máis me gustou do libro é que estes nenos axudaron moito a Pumariño. Recomendo a súa lectura xa que é moi interesante e divertido.

(LUCÍA)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.