martes, 16 de febreiro de 2021


 "No soy perfecta".Liao, Jimmy

    Este é un libro de moitas emocións. Nalgunhas páxinas faiche sentir feliz e noutras triste. A personaxe principal ten o nome de Perfecta, unha nena a quen non lle gustaba a súa vida e case ninguén apreciaba coma unha persoa real. Pero a ela, gustáballe facer rir á xente.

    Mira este libro e descubrirás a vida de Perfecta !!!

(DANIELA)

mércores, 20 de xaneiro de 2021

 

       Este cómic trata sobre un neno vampiro chamado Drácula ao que os seus compañeiros lle fan bulling por ser vampiro.

    Recomendaría este libro porque é fácil de ler, ten bos diálogose ensínache que non debes ocultar se che fan bulling, que non debes permitilo nin ter medo.

    As ilustracións son do mellor do cómic, están moi ben feitas,

(NOELA)


venres, 18 de decembro de 2020


         Este libro trata sobre un home chamado Pumariño, ao que a xente toma por tonto. Pero non é así. Alicia, unha nena curiosa, e os seus amigos queren coñecelo mellor e así descubren as marabillas que hai nel.
         Os personaxes gustáronme moito, xa que están en todo momento moi unidos. O protagonista que máis me gustou foi Alicia, porque é moi valente e sempre protexe aos seus amigos.
       O escritor utiliza unha linguaxe culta pero todo está moi ben explicado.
        O que máis me gustou do libro é que estes nenos axudaron moito a Pumariño. Recomendo a súa lectura xa que é moi interesante e divertido.

(LUCÍA)

xoves, 3 de decembro de 2020


    A historia vai dun neno que recibe un agasallo que consiste nunha cociñeira defunta (Escarlatina). Eles van ao inframundo a preparar unha receita coa que pretenden revivir a Escarlatina. No medio de todo, iso hai unha carreira e moitas aventuras.

    A portada do libro paréceme moi ilustrativa do contido do mesmo. O conto é moi orixinal e está moi ben pensado. Os personaxes son carismáticos, impresionantes e inolvidables, cunha personalidade moi definida. 

    Se sodes fans dos contos galegos que teñen un fondo significativo, este é o voso libro. Se aínda non vos convencín, dígovos que é o mellor libro galego que lin.

(ALEJANDRO) 

domingo, 23 de decembro de 2018

AGASALLOS  DE NADAL

"La niña invisible" Ed SM

Unha historia sinxela de autoestima, valoración, superación e igualdade. Se un quere, sempre pode.






     "Ojos azules hay bellos,                                                
"De todo corazón"Ed SM
        hay ojos pardos que hechizan
       y ojos negros que electrizan
 con sus vívidos destellos.
Pero fijándose en ellos, 
              se encuentran que en conclusión,  
los mejores ojos son,     
          por más que todos se alaben,   
                              los que expresar mejor saben                                                            
                               lo que siente el corazón"                                                                   
César Conto



Cando a vida golpea forte, a imaxinación, o cariño das persoas  que nos
"La película de la vida"Ed SM
rodean...sempre ofrecen unha posibilidade de saír adiante. "La vida puede ser una película maravillosa"




"El robo del siglo" Ed.SM



 Misterio, aventuras, confianza... Cando un amigo é o máis importante.

domingo, 16 de decembro de 2018

Estes son os traballos que realizaron dous nenos da nosa clase sobre libros que eles leron.


Rubicundo from Ma Toro on Vimeo.
Mi vecino de abajo from Ma Toro on Vimeo.

domingo, 9 de decembro de 2018

Aquí vos deixamos as recomendacións literarias dos nosos alumnos. Están a disfrutar moito  cos libros de Ledicia Costas. Que disfrutedes delas! libro-2_0001 from Ma Toro on Vimeo.