xoves, 3 de decembro de 2020


    A historia vai dun neno que recibe un agasallo que consiste nunha cociñeira defunta (Escarlatina). Eles van ao inframundo a preparar unha receita coa que pretenden revivir a Escarlatina. No medio de todo, iso hai unha carreira e moitas aventuras.

    A portada do libro paréceme moi ilustrativa do contido do mesmo. O conto é moi orixinal e está moi ben pensado. Os personaxes son carismáticos, impresionantes e inolvidables, cunha personalidade moi definida. 

    Se sodes fans dos contos galegos que teñen un fondo significativo, este é o voso libro. Se aínda non vos convencín, dígovos que é o mellor libro galego que lin.

(ALEJANDRO) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.