martes, 21 de xuño de 2016

" O lobo non tiña ningunha intención de comerse ao porquiño e á porquiña. Só quería falar, mai o seu aspecto sempre suscitaba estas reaccións. Se polo menos lle deixasen explicarse...

- Un momento! - detívoos de novo o lobo_ . Seguro que cada un de vós ten un talento, sería unha pena desproveitalo. O mellor é cooperar e que cada un faga o que mellor sabe facer."

  Atrevédevos a devorar este libro "Éranse dúas veces Os tres porquiños"  Ed Cuatro Tuercas. Esta é a opinión da clase:


" Dous porquiños, unha porquiña e un lobo sabio. Un conto clásico adaptado aos tempos actuais. Unha pequena confusión. Uns personaxes con ideas propias que pensan por si mesmos. Unha narrativa sinxela e un libro cheo de valores. Unha versión boa, divertida e creativa dun conto clásico"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.