xoves, 16 de xuño de 2016

" Querido Ronaldinho:
O meu nome é Lía Rouco Pazos e vivo en Galicia. Nestes días tiven a oportunidade de coñecer que a empresa para a que fas publicidade, e que che paga moitos cartos por facela, para confeccionar as súas zapatillas e roupa de deporte utiliza man de obra infantil e non paga salario digno ás súas traballadoras e traballadores. Gustaríame..."

  Este é o último libro que lemos na nosa clase "Lía  e as zapatillas de deporte"  de María Reimóndez publicado en Xerais. Aquí deixamos a portada do libro xunto co comentario que a nosa clase fixo do mesmo. Esperamos que disfrutedes coa súa lectura como o fixemos nós.

" O libro trata sobre o traballo infantil nas fábricas doutros países en vías de desenvolvemento.
  A narrativa é sinxela e cotiá. A través das zapatillas cóntase unha historia triste que nos causa preocupación. As ilustracións son esquemáticas e representan o máis importante do relato.
  Recomendamos a súa lectura para coñecer a realidade doutros países, para aprender a mercar xustamente e acostumarse a non pedir moito."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.